
Toni Porto
Toni Porto, que vive en Madrid, é un asiduo e bo amigo dos Encontros desde hai moitos anos.
Escultor vocacional, gústalle traballar a madeira sobre a que traslada a súa inventiva grazas ao uso de técnicas que se complementan ( torneado, talla, ferrería, policromías, ebanistería,…).
Posúe as habilidades do oficio, curiosidade e ganas de contar que se mesturan nese punto de equilibrio artístico que é a intuición plástica.
O observa, imaxina, planifica e actúa creando pezas sólidas onde se aprecia a esencia lígnea e a influencia creativa; nós, mentres, percibimos materia, forma, texturas, cores, sombras, técnicas, volumes, luces…