Pedro Clavero

A obra de Pedro está baseada na interpretación do «cunco imposible», un recipiente que conta con dous eixos no seu interior que reforzan a estrutura. Unha peza que non se pode realizar na súa totalidade co torno e que xurdiu case por casualidade. Nun principio a idea de Pedro era facer un sombreiro, pero un imprevisto fixo que a obra se fose ao traste.

Esta é unha sinal de identidade de Pedro, ademais da improvisación e a creatividade. «Traballo un pouco sen rumbo fixo. Os profesionais ven un anaco de madeira e xa saben o que queren facer. Eu primeiro penso na peza que quero facer e logo busco o tronco que me vai a vir mellor».

A súa afección xurdiu fai uns 20 anos, cando fabricou uns palillos para os tambores cun torno caseiro. Compaxinou a súa afección coa súa profesión durante uns anos e cando se xubilou puido dedicarlle máis tempo á súa paixón.