Manuel Castro Romero
(Lolo de Severiano)

Naceu nas Pontes no ano 1948, di de se mesmo que de pequeno durmía entre as labras mentres o seu pai torneaba; procede dunha familia de longa traxectoria no oficio onde os segredos da profesión transmitíanse como herdanza tan valiosa como a mesma terra.

Lolo de Severiano é “O Mestre” no traballo coa llerga, ferramenta propia desta zona que o mesmo se forxa, amorna e afía.

Como outros grandes artistas posúe esa intuición que o fai único onde une coñecemento, experiencia e capacidade creativa para facer posible o improbable: tornear de oído e case cos ollos pechados.