
Jesús G. Albá
“Nacín nun pobo de Lugo, crieime noutro do Bierzo, en León, e desde fai cincuenta anos vivo en pobos dos arredores de Oviedo”. No ano 1981 tiven necesidade de buscar un torneiro de madeira en Oviedo para facer unhas pezas, atopeime con que só quedaba un na cidade e accedeu a deixarme velo traballar. Quedei estupefacto… Aquel artista metía un “pau cadrado” no torno e sacaba, entre unha nube de labras e en escasos minutos, un belo balaustre dunha escaleira. Era Andrés. Decateime de que acababan de celebrarse os primeiros Encontros de Torneiros na Fraga, Xermade; eses perdinmos, pero non faltei aos segundos, alí coñecín a Lolo coa súa inmensa destreza, Tito torneando e a Fernando ensinándonos coa súa coñecida maxia, máis adiante a Javier Palacios e a Arturo e o seu tradicional torno de ballesta. Así deixei de raspar con vellas limas e empecei a cortar con gubias de aceiro rápido que nos facilitaba o bo de Miguel de Tornyfusta”.
“Cando torneo sinto un profundo pracer por crear algo novo e unha tamén profunda gratitude por todos aqueles mestres que me ensinaron. As liñas de deseño que escollo e as formas que desenvolvo son sempre liñas puras e sinxelas, sen adornos nin floreos barrocas. Busco as formas harmónicas e equilibradas das pezas tradicionais .