Jérôme Blanc

Jérôme Blanc naceu en Xenebra (Suíza) en 1978. Despois de cinco anos de estudos na Escola de Artes e Oficios de Xenebra foise en Australia onde descubriu o oficio de tornear a madeira, algo que nunca abandonou.

De regreso á súa terra, traballou como carpinteiro e tallista de madeira, ao mesmo tempo que profundaba no torneado con mestres franceses (Marc Ricourt; Jean- François Escoulen; Alain Mailland).

A Jérôme gústalle traballar a madeira verde que consegue na contorna, é branda e sorprenden as súas formas despois do secado. É unha persoa preocupada polos problemas ambientais; interésalle moito os vínculos entre o ser humano, a contorna natural e as súas pezas ás que achega cor e texturas mediante un continuo proceso de investigación.

Está convencido de que todas as persoas poden ser artistas que tan só necesita activar o seu desexo e motivación para gozar descubrindo a madeira con todos os seus sentidos.

jeromeblanc.ch