
Francisco Boyero
Químico de profesión, Paco Boyero descubriu hai máis de 20 anos o que se podía facer cun torno e desde entón non parou, dedicándolle aínda “moito máis tempo” desde que está xubilado. Habitual nas xornadas de Pravia ou de Villafames.
Experto no uso de resinas, para o é un material distinto, que pode engadir un toque de cor, un novo efecto decorativo ou facer posible unha peza dun anaco de madeira que non se pode tornear só”. Tamén se pode tornear independentemente para facer pezas como caixas ou bolígrafos e pode axudar a introducir outros elementos como follas, sementes…
Descubriu o Encontro de Torneiros na oitava edición e desde entón para o é unha cita obrigada.