Fernando Vérez Tojeiro

Fernando Vérez Tojeiro naceu nas Pontes xa marcado pola inquietude e curiosidade por todo o que lle rodeaba. Dúas cuestións vitais manexaron a súa vida: o amor pola súa familia e a complicidade coas labras.

Foi prudente, respectuoso, honesto e solidario; home bo e xeneroso que se instalou no corazón de quen tenia preto. Achegábase á xente grazas ao seu discurso vital inconfundible, harmonioso e sincero.

Era pura intuición artística: coñecía profundamente as técnicas, tiña cousas que dicir e, o mais importante, capacidade para facelo; as súas pezas posúen un deseño que as fan fermosas desde a súa concepción.

Fernando, que foi promotor, coordinador, relator nalgunhas edicións e por sempre alma dos Encontros, morreu na primavera de 2014.