
Elisabeth Mezières
Elisabeth Mezières vive preto de Nimes (sur de Francia), en plena natureza e á beira do Parque Natural deas Monts d’ Ardèche.
O seu traballo xorde do desexo de tornear en verde as madeiras locais da maneira mais fina posible para que, ao secar, as deformacións propias do proceso acheguen unha beleza orgánica e elegante que constrúen ao redor das súas pezas un halo de poesía naturalizada ao que ela non pode renunciar. Ademas gústalle facer obxectos de uso cotián, acabados con cera de abella e aceite de noz, que resistan o paso do tempo sendo útiles, consentidos e queridos, polas súas propietari@s.