
Arturo Iglesias
Arturo Iglesias é o coidador do Museo Etnográfico de Grandas de Salime (Asturias) e é a única persoa que se dedica a realizar demostracións co torno de ballesta ou de media volta no país. É unha réplica do torno portátil que usaban os torneiros e cunqueiros ambulantes que durante o inverno principalmente percorrían o norte e noroeste da península ibérica. Recrea esa actividade facendo as pezas tradicionais de uso común nos fogares desas zonas.