
Alain Mailland
Alain Mailland é un poeta que dá forma aos soños, unha persoa admirada mais alá das súas, que son moitos, méritos como artista e tornero.
A súa forma de ver a vida (discreto, observador, soñador, respectuoso, honesto) xera sementes das que xorden deseños oníricos e delicados que parecen estar vivos: vexetais, estelares, minerais, animais…
Cada unha das súas pezas son pequenos partos cosmológicos na imaxinación de Alain e actos artísticos sobre a Terra que nos achegan un canto de celebración para coa vida e as marabillas cotiás, escondidas en mundos pequenos que temos ao noso lado sen darnos conta.
Sen dúbida este home é un amigo querido e sempre ben recibido.