
Aitor Martínez
Aitor Martínez (Legazpi, Guipúscoa, 1969) tornea con mimo no seu taller de Figueiró (Tomiño, Pontevedra). A súa forma de traballar, marca diferenza con estilo propio.
Aitor non impón forma: escoita. Traballa principalmente con madeira verde, local e sostible, e deixa que sexa ela quen guíe o proceso. Cun enfoque profundamente sensible e unha estética marcada pola textura e a luz, a súa obra desafía as categorías entre deseño, artesanía e escultura.
Desde o seu taller crea pezas únicas que evocan movemento, emocións e memorias, cunha clara influencia do impresionismo e unha mirada contemporánea.
Foi finalista dos Premios Nacionais de Artesanía 2022 na categoría de emprendedor e foi galardoado como Nova Promesa dos Premios Mestre Artesán que concede o Círculo Fortuny.