
Adrián Pena Iglesias
Adrián Pena Iglesias naceu en Vigo o ano 1980.
En abril do 2010 coñece a José García Otero e Fernando Vérez Tojeiro nunha demostración preto de onde reside, quedando con ganas de saber máis sobre o torneado. Logo acode aos X Encontros de Torneiros en Xermade e despois realiza varios cursos con Fernando Veréz. Por mor de eses primeiros contactos practica todo o que pode, aprende de todos os torneros que lle é posible viaxando Lugones (Asturias) Málaga, Madrid, Barcelona, Birmingham, etc.
“Considérome un namorado do torneado artístico con ganas de aprender e experimentar diferentes técnicas co fin de dar renda solta á miña imaxinación e intento así realizar todo o que se me pasa pola cabeza sendo unha persoa creativa”.
Participa activamente en exposicións con pintores-escultores da comarca e é socio das asociacións de amigos da madeira Les Forgaxes e As Pontes.